Dram de Artsakh

O dram (en armenio: Դրամ) era a moeda de facto da non recoñecida República de Artsakh, a cal disolveuse o 1 de xaneiro de 2024 logo da ofensiva acerbaixana en Nagorno-Karabakh.[1] Dividíase en 100 luma (en armenio: լումա). As emisións desta moeda estaban destinadas á venda para coleccionistas. A moeda corrente desta república era o dram armenio, á que se achaba fixada a súa taxa de cambio.[2] Os billetes e as moedas deste territorio eran emitidos pola Educational Coin Company.

  1. "Nagorno-Karabakh Republic will cease to exist from Jan 1 2024 - Nagorno-Karabakh authorities". Reuters. 2023-09-28. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-28. Consultado o 2023-09-28. 
  2. "Карабах вводит собственную валюту". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy